Protagonistas
Protagonista é cada unha das persoas que diariamente pasa polo CeMIT de Sada. É cada unha das persoas que participou e participa nos obradoiros de iniciación a informática. É cada unha das persoas que acude ás charlas que facemos. É cada unha das persoas que incorporou as novas tecnoloxías na súa vida cotiá. É cada unha das persoas que lle saca partido á rede. Ti podes ser un protagonista!
Nesta sección recollemos as entrevistas que semanalmente lle facemos a un protagonista. Entrevistas coas que coñecer ese lado máis humano das novas tecnoloxías, poñerlle cara ás persoas que cada día veñen a facer uso do CeMIT de Sada. Entrevistas coas que poñer en valor o sentimento de rede e compañeirismo que se creou na aula desde o seu comezo, e convertir ás persoas nas verdadeiras protagonistas da dinamización tecnolóxica, e que elas mesmas tamén o sintan así.
Os/As protagonistas son os seguintes:
10/03/2010Estela naceu en Buenos Aires aínda que agora vive en Fontán, Sada. Defínese a ela mesma como «sentimental, romántica y me duelen mucho las injusticias», e sobre todo «inquieta, siempre quiero hacer más cosas, todos los temas me interesan, quiero estar al día». Gústalle ler e escribir, de feito ten o seu propio blog (stellamaris815.blogspot.com) e tamén andar en bicicleta, escoitar música, coidar as súas plantas ou cociñar. [Continuar lendo]
17/03/2010Inés ten 62 anos, non é de Sada pero como se o fora, veu para aquí con 3 anos. Se a temos que definir en poucas palabras poderíamos dicir que é activa e «moi alegre» como ela mesma di, ademáis de «aberta e faladora». É unha desas persoas que enseguida che da pe para comezar unha conversación e pasar un pedazo agradable. Gústalle o canto galego e a pintura, ten algún cuadro feito por ela precioso. Dentro da informática encántalle a fotografía dixital, pode pasar horas ordenando os milleiros de fotos que ten repartidas en 4 pendrives, non se sabe de cantos gigas. [Continuar lendo]
24/03/2010Menchu vive en Sada, aínda que naceu en Vigo e pasou gran parte da súa vida en Sudáfrica. Gústalle o “cine, leer, los deportes y explorar las nuevas tecnologías, los trabajos manuales, enredar en todo, tengo mucha curiosidad”. Ten o seu propio blog (vertinafricana.blogspot.com) onde nos conta algunha das súas vivencias en África. É unha desas persoas que transmite dulzura, sensibilidade e con un gran mundo interior. Defínese a ela mesma como “brusca, muy seca, pero en el fondo soy un pedazo de pan, todo es timidez y me cuesta abrirme como buena gallega”. [Continuar lendo]
07/04/2010Jesús ten 76 anos, está xubilado e xa hai uns anos que comezou a súa andaina cos ordenadores. Naceu en Lugo pero xa hai moito tempo que está afincado en Sada. É un apaixoado da informática e como el di é “moi constante”, o que fai que avance rápidamente. Gústalle a tele, a música, ler e escribir. Pode pasar horas escribindo no ordenador algún dos libros de viaxes que le. Defínese a el mesmo como “traballador, constante e extrovertido”, cualidades que se perciben cando o empezas a coñecer. É unha desas persoas cercana, amable e educada que enseguida che entran ganas de saber máis del. [Continuar lendo]
14/04/2010María é natural de Santa Comba, na provincia de A Coruña, pero xa hai moitos anos que vive en Mondego, Sada. Gústalle viaxar e como el mesma di, “dedico moito tempo a estar coa miña xente”. É unha persoa aberta e comunicativa, enseguida che da pe a unha conversa. É “sociable, amiga dos seus amigos e con moito pronto”. Defínese a ela mesma como “inquieta, sensible e boa xente”. Gústalle a fotografía e a música. Tamén a cociña e a tele aínda que non son as súas afeccións preferidas. [Continuar lendo]
21/04/2010Ángel naceu en A Coruña; na actualidade vive en Sada e viaxa a Poio, Vigo e Pontevedra todas as semanas. Era profesor na Universidade de Vigo e tivo un accidente de coche (moi grave), o cal cambiou a súa vida, agora é xubilado por incapacidade e adícase a cousas sociais e a axudar. Gústanlle as “novas” tecnoloxías, “pero para axudarme, non para aprender por saber”. E mellor que contarvos eu cousas del, déixovos o que el me contou a min sobre si mesmo: “Manexo internet como usuario, o correo electrónico, algunhas redes socias, visito algún blog, algunha web, en fin o que considero normal. Eu aínda recordo cando os teléfonos eran só fixos, ¡Miña nai, as teles en branco e negro! Gústame a imaxe, fago moita foto, algo de micromovies, curtas,… a afición lévame a evolucionar. Gañei algún concurso de aficionados como “Curtas na rede” ou tiven accesits e outros premios como este último da universidade ”A universidade de Vigo que ti queres en 30 segundos”. [Continuar lendo]
28/04/2010Mari Carmen ten 57 anos e “moi orgullosa deles”, naceu en Dorneda, Oleiros pero vive en Sada desde os 19 anos. Gústalle “ler un pouco e estar cos novos amigos que fixen, e o que máis tempo lle adico é ao ordenador. Gústame todo o que sexa bo para min, aprender de todo, unhas cousas gústanme máis que outras.” É unha apaixoada do facebook e defínese a ela mesma como una persoa “amiga dos meus amigos, sincera, o que teño que dicir dicilo, sin trabas nin mentiras, peco de ser tan boa que me fastidian por inocente”. [Continuar lendo]
05/05/2010Margot ten 63 anos, naceu en A Coruña, pero actualmente vive en Sada desde fai 26 anos. Gústanlle as “manualidades, especialmente los bolillos y actualmente estoy muy enganchanda en el ordenador”. Gústanlle as novas tecnoloxías e xa son parte da súa vida diaria, de feito moitas das cousas que sabe aprendeunas ela mesma de xeito autodidacta. Defínese a ela mesma como “extrovertida, insistente en mis trabajos y creo que amiga de mis amigos, aunque eso lo tienen que decir ellos”. É unha apaixoada da acuarofilia, de feito, ten na súa casa 12 acuarios. [Continuar lendo]
12/05/2010María ten 27 anos e case sempre ven a aula acompañada de Andrea, a súa filla de 7 anos. As dúas viven en Sada, e as dúas son unhas apaixodas da música, á primeira gústalle Alejandro Fernández e Andrea é máis de Carlos Baute. María defínese a ela mesma como “tranquila, extrovertida e faladora” e eu engadiría que alegre, sempre ten un sorriso e algún cotilleo que contar. Andrea é unha nena encantadora, cando ven pola aula, despois de escoitar a Carlos Baute no YouTube pode ver algún vídeo de Bob Esponja ou pode que vaia buscar algún debuxo a Google para despois imprimir en blanco e negro e podelo pintar na casa ou na escola. [Continuar lendo]
21/06/2010Puri ten 64 anos e naceu en unha aldea en Lugar de Lago, Ozón, no concello de Muxía, pero como ela di, “a ovella non é de onde nace, senón de onde pace por iso pódome considerar de Coruña, que é onde resido pero paso tamén un tempo en Sada e Gandarío”. E nesta entrevista, en lugar de contarvos eu cousas de Puri, mellor deixovos con todo o que ela me contou que é moito e moi bo. ” Teño varias afeccións, o teatro, a música, a plástica, a fotografía… Fai anos que pasaba tempo a camiñar, as circunstancias fixeron que tivera que olvidarme disto e quizais no que ocupo máis tempo é no ordenador. Son moi tímida, aínda que a moitas persoas non llo pareza, hai apariencias que moitas veces enganan. Son moi esixente conmigo mesma. Son repetitiva e constante para lograr agunhas metas que a maioría das veces lévanme moito tempo. Gústame saber como me definen as amizades, tanto nas virtudes coma nos defectos, -os que son sinceros- din que son: paciente, comprensiva, tolerante, emprendedora, tenaz, entregada, constante, nerviosa, fuguillas e esixente. Eu síntome leal, entregada ás amizades, sepulcro dos segredos, lenta, premonitoria,…”. [Continuar lendo]
23/06/2010Pura cumple en agosto 65 anos. Naceu en Ombreiro, Lugo, pero “vine para Sada con 16 meses, es deicr, soy casi de Sada, me tira mucho Ombreiro porque tengo familia muy querida allí, pero estoy muy a gusto en Sada. Para mí es mi ciudad, donde me crie, con buena gente, familiares, vecinos y amigos. Tengo muy buenos recuerdos de todos ellos. Ahora mismo estoy jubilada y me entró el gusanillo del ordenador. Cuando estaba trabajando necesitaba el ordenador pero no tenía mucho tiempo y creía que sería complicado aprender a mis años. Ahora estoy contenta de empezar y meterme en esto, pero si ahora cierra el Centro de dinamización ya me cortas. Me gustan las labores de casa, ser ordenada con los papeles, pasear mucho y viajar, llevo años haciéndolo y me gusta muchísimo”. Gústalle “o cine un montón, la cocina no mucho, a la fuerza, y leer, eso me gusta mucho”. Defínese a ela mesma como “tranquila aparentemente pero muy nerviosa en el fondo, apacible, me gusta el bienestar de todos, procuro no molestar. Muy inquieta, mi cabeza está siempre pensando en saber más. Esta oportunidad tendría que ser cuando era joven.”[Continuar lendo]
03/07/2010Clebella naceu en Lara (Venezuela), pero vive en Galicia desde hai 10 anos, 4 en Coruña e os últimos 6 en Sada. Ten 74 anos, e ao mesmo tempo dime que “no se le pregunta la edad a una dama”, pero eu que son un indiscreto non o podo evitar, e tamén que ela coa súa vitalidade e enerxía semella unha rapaza: “yo le doy vida a los años, no le doy años a la vida”. Clebella ten moitas afeccións, gústalle a “pintura, escribir, que por cierto, tengo abandonado el blog, pero como no he vuelto a escribir nada más. Me gustan las manualidades, pasear, compartir con los amigos, me gustan mucho los paisajes. Me gusta escribir poesía y escribo lo que me viene a la mente, cuando me viene alguna idea la voy conformando. Soy muy admiradora de la buena poesía, de los buenos poetas”. Defínese como unha persoa “alegre, con buen sentido del humor, tranquila y cariñosa”. Clebella é unha muller encantadora, pero quero resaltar por enriba de todo a súa enerxía e actitude positiva ante a vida, e a súa dulzura que plasma nas súas poesías que vos animo a ler no seu blog: clebella.blogspot.com. [Continuar lendo]
Filed in:


Últimos comentarios