Coa iniciativa Sada no mapa comezamos nun obradoiro coa finalidade de aprender a manexar mapas interactivos na rede e aí surxiu a idea de facer un mapa de Sada no que ir recollendo os lugares de maior interese, facer unha foto e escribir un pequeno comentario persoal. E a partir de aquí o que surxiu é o que tedes máis abaixo.

Para navegar polos mapas, simplemente premede no mapa que queirades ver e xa vos levará ao mapa elexido. Unha vez se abriu o mapa á esquerda aparecerá un listado dos lugares que se sinalaron no mapa, premendo en cada un deles abrirase un cuadradiño no mapa onde se poderá ver a foto e o comentario.

Las cosas que me gustan de Sada. Este é un mapa feito por Stella Maris, ela recopilou a información de cada un dos lugares que aparecen no mapa, informouse, foi a facer a foto e ela púxoas no mapa. Foi un traballo que comezamos nun obradoiro de mapas interactivos na rede e que a Stella lle encantou descubrir novos sitios de Sada e ir deixando constancia deles no mapa e así chegamos a este mapa que podedes ver xusto debaixo.

Las cosas que me gustan de Sada

Sada antiga no mapa. Este é un proxecto moi parecido ao anterior. Colocamos en un mapa fotos antigas de Sada e fixemos fotos actuais do mesmo lugar para comparar como era Sada hai uns anos e como é na actualidade. Este non é un só mapa, xa que o traballo foi feito por distintas persoas, polo que as fotos están divididas en cada un dos mapas que vos poño máis abaixo. Podes ver as fotos todas que utilizamos para os mapas aquí todas xuntas (xa faláramos hai un tempo desto no blog). Os mapas son os seguintes (a orde na que os puxen non significa nada):

Feito por Purificación Martínez:

Feito por Inés Silva:

Feito por Stella Rivas: