LG 2009
Nesta páxina recóllense a modo de resumo todas as aportacións que os usuarios e usuarias do Centro de dinamización da SI de Sada fixeron para celebrar as Letras Galegas 2009 e para que poidan ser consultadas en calquera momento. Pedímoslles que cada un deles nos achegara un texto, poema, foto ou calquera cousa relacionada coas Letras Galegas, e esto é todo o que nos achegaron.
- Entrega de agasallos participantes Letras Galegas: agasallos que recibirán as participantes na celebración do Día das Letras Galegas.
- Rematamos a celebración do Día das Letras Galegas: resumo de todas as colaboracións que recibimos para celebrar o día das Letras Galegas.
- Buscando información en internet, Rosalía de Castro: un dos traballos que fixeron os e as participantes nun dos obradoiros de búsqueda de información en internet con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
- Abel López Soto, coralista en excedencia: un texto escrito polo actual alcalde de Sada na revista que conmemoraba o XXV aniversario da coral de La Sociedad de Sada. O libro achegounolo María Babío Tie.
- Buscando información na rede sobre Ramón Piñeiro: un dos traballos que fixeron os e as participantes nun dos obradoiros de búsqueda de informaicón en internet con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
- Poema do libro A Virxe do Cristal de Curros Enríquez: un poema de Curros Enríquez que nos achegou María Josefa Vázquez García (Maise).
- Máis traballos de «Escanea as Letras Galegas II»: un dos traballos que os usuarias e usuarios escanearon no obradoiro adicado a escanear libros para celebrar as Letras Galegas.
- Máis traballos de «Escanea as Letras Galegas»: un dos traballos que os usuarias e usuarios escanearon no obradoiro adicado a escanear libros para celebrar as Letras Galegas.
- Os Rapaces da Troula por Emilio Santos – Festas de Sada de 1973: un texto de Emilio Santos, natural de Sada que foi publicado no programa de festas de 1973 que nos achega María Babío Tie.
- Terras, Xentes e Cousas (Sonetos Galegos): dous poemas de Luis Iglesias de Souza que nos envía María Josefa Vázquez García (Maise).
- Carta a meu avó: un poema de Carlos Emilio Pons que nos envía Josefa González Souto.
- O capitán da baía e o neno: un conto para rapaces curtiño que nos envía Mari Carmen García Collazo.
- Escolma de textos de Ramón Suárez Picallo: un texto escrito por Ramón Suárez Picallo, natural de Sada no que fala do Señor de Trasalba. O libro achegounolo María Josefa Vázquez García (Maise).
- Poema de Rosalía de Castro: un poema do libro Obras Completas de Rosalía de Castro que nos achegou Mari Carmen Peña Rey.
- Extracto de O Cabaliño de Buxo, de Xosé Neira Vilas: un dos contos no que se divide o libro escrito por Xosé Neira Vilas que nos achega María Josefa Vázquez García (Maise).
- Receita de licor café: María Romero envíanos unha receita de licor café con foto post-preparación.
- O primeiro sangue, conto de Manuel Lugrís Freire: un conto sacado do libro A carón do lar de dunha edición de 1974 que nos achega María Josefa Vázquez García.
- Poema de Pepe d’o Roxo no programa das festas de Sada de 1971: un poema adicado a Sada escrito por Pepe d’o Roxo que saiu publicado no programa das festas de Sada de 1971 que nos achegou á aula María Babío Tie.
- O Divino Sainete, escaneado para as Letras Galegas: a portada do libro escrito por Curros Enríquez que foi escaneado no obradoiro de escaner nas Letras Galegas.
- Merlín e familia, escaneado para as Letras Galegas: un dos traballos feito polos usuarios e usuarias do obradoiro de escaneado das Letras Galegas.
- Rematan os obradoiros de escaneado para as Letras Galegas: unha foto dos participantes dun dos obradoiros de escaneado das Letras Galegas.
- Poema e vida de Asunción Antelo Suárez: un breve resumo da vida de Asunción máis un poema seleccionado por Purificación Martínez Santos.
- A bruxa Maruxa: breve conto que nos envía Mari Carmen García Collazo.
- Dous contos de dous rapaciños moi novos: dous contos escritos por Hadrián e Lidia de 5 e 4 anos que nos envía a súa nai, Marta García Ramos.
- Poema de Curros Enríquez: Mari Carmen Peña Rey envíanos un fantástico poema de Curros Enríquez titulado «Os Mozos».
- Conto de Manuel Lugrís Freire, natural de Sada: un conto de Manuel Lugrís que nos envía María Josefa Váquez García (Maise).
- Cantigas populares galegas e un poema de desamor: Balbina Boutureira Fraga envíanos esta fantástica selección de cantigas galegas e un fermoso e triste poema de desamor de Manuel Pardo Domínguez.
- Extractos de poemas de Rosalía de Castro: Estela Rivas Boquete envíanos unha selección dos poemas de Rosalía que máis lle gustan ademáis dunha fantástica introducción.
- Poema a Sada: un poema de Fermín Fernández Costa adicado a Sada que nos enviou Maria Josefa Vázquez García (Maise).
- Recordando a Florita, da coral de La Sociedad de Sada: un texto de María Babío Tie no que nos transcribe un discurso que Florita deu nun dos concertos da coral de La Sociedad de Sada.
- Poemas para as Letras Galegas: dous poemas seleccionados por Paz López Cabanas.
- Actividades Letras Galegas en Sada e arredores: recopilación das actividades que se celebran en Sada e arredores para que poidades ir a disfrutar da celebración das Letras Galegas.
- Agasallos Letras Galegas: exemplos dos agasallos que os participantes levarán só por participar.
- Letras Galegas 2.0: Explicación da actividade que este ano desenvolvemos no Centro de dinamización da SI de Sada para celebrar as Letras Galegas, o Día de Internet e o Día internacional da Sociedade da Información.
E para rematar, unha breve referencia ao homenaxeado neste ano 2009: Ramón Piñeiro.
Ramón Piñeiro López (Armea de Abaixo, Lama, Láncara, 31 de maio de 1915 — Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1990) foi un escritor, filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra.
A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante e estivo centrada polo xeral na filosofía da «saudade». En calquera caso publicou numerosos artigos en Galaxia, onde asinaba baixo o pseudónimo de Luís Veiga do Campo, así como colaboracións en obras colectivas e prólogos de numerosos libros (de Novoneyra, Masside, Méndez Ferrín, Lugrís, etc.).
Pódese atopar máis informaicón sobre Ramón Piñeiro en:
Filed in:


Últimos comentarios