Este é un resumo da charla Gadgets: reproductores MP3 que fixemos no CDSI de Sada o venres, 12 de febreiro de 2010.
Charla: Gadgets, reproductores MP3
Esta charla non é práctica. A finalidade é familiarizar ao asistentes co formato MP3 e os reproductores MP3 así como dar a coñecer as características máis importantes. Non imos a realizar cada unha das opcións de xeito práctico por falta de tempo.
Que é o MP3?
Chámaselle MP3 ao formato en que a música se garda no ordenador. A palabra MP3 popularizouse de tal xeito que se utiliza xeralmente con varios fins, entre eles, para facer referencia aos aparellos pequeniños que levamos gardados no bolsillo con centos de cancións. Pero en realidade MP3 só é un formato para gardar a música. É un formato moi popular e o máis utilizado hoxe en día porque os arquivos ocupan realmente pouco e ademáis mantén unha calidade de son moi boa. A maior parte da música que escoitamos hoxe en día está neste formato exceptuando os discos (CDs) que habitualmente compramos nas tradicionais tendas de música. Se queremos gardar a música que ven nestes discos no ordenador temos que pasalos ao formato MP3 con un programa axeitado.
O reproductor MP3
Un reproductor MP3 é un aparello capaz de reproducir música en formato MP3. Este aparello pode ser desde un reproductor MP3 con esta única finalidade ou tamén pode ser un teléfono móbil, a radio-Cd de un coche, un Ipod, o ordenador, un aparello de música caseiro, un reproductor de DVD, etc… e hoxe en día, en xeral calquera aparello electrónico é capaz de reproducir música ou calquera arquivo de son en formato MP3. Estes aparellos teñen uns auriculares que son os que nos permiten escoitar a música aínda que en ocasións estes auriculares poden ser substituídos por altofalantes como por exemplo no coche.
Calquera destes aparellos anteriores teñen un funcionamento parecido entre eles, pois todos sirven para o mesmo. Teñen a música gardada dentro deles dalgún xeito e logo só é cuestión de familiarizarse coas opcións que ten o menú do aparello. As opcións que teñen son distintas en cada aparello dependendo das súas características técnicas e da marca pero en xeral todos seguen un patrón parecido. O máis importante é familiarizarse coas seguintes opcións:
Opcións do menú (diferente en cada un dos aparellos dependendo da marca e modelo pero en xeral seguen un mesmo patrón de opcións. É importante ler o que pon a pantalla.
 |
 |
| Play (ou reproducir), stop e pausa. |
Roda de selección (arriba, abaixo, esquerda, dereita e Ok) |
Como funciona un reproductor MP3
Unha vez que temos a música no seu interior só temos que argallar polo menú do aparello e buscar o lugar onde poña “Música” ou “reproducir” ou algo parecido. Esto dependerá do aparello. Para esto utilizaremos os botóns que teña o aparello que tamén dependen de cada un. De xeito xeral teñen unha roda de selección con un botón arriba e abaixo e frecuentemente tamén dereita e esquerda e un botón central “Ok” ou aceptar. Así só é cuestión de ler o que pon a pantalla do aparello e ir desprazándose polas opcións que aparezan e aceptando ou premendo Ok cando sexa convinte. Estas opcións é moi complicado resumilas porque varían en cada un dos aparellos. Tamén teñen un botón chamado menú que é o que nos leva ás principais opcións do aparello. Cando localicemos a opción reproducir aí será onde premer para que comece a escoitarse a música. É frecuente que estes aparellos tamén nos permitan ver fotos, vídeos ou escoitar a radio. Para facer cada unha destas cousas ao igual que antes hai que ler as opcións que nos aparecen na pantalla do aparelliño e premer en aceptar según o que poña.
Como pasar a música a un destes aparellos
Estes aparellos funcionan exactamente igual que calquera tarxeta de memoria, lapiz de memoria ou pendrive. É dicir, teñen unha capacidade interna que condiciona o número de cancións ou arquivos MP3 que caben no seu interior. Para pasar a música ao aparello temos que ter a música no ordenador e enchufar o aparello ao ordenador de algún xeito, con un cable ou directamente se dispón dun enchufe USB. Aparecerá unha icona no ordenador que nos da acceso ao interior do aparello e copiando e pegando pódese pasar a música para o seu interior. Nunha charla anterior explicamos o funcionamento das tarxetas de memoria e sirve perfectamente para o caso que nos ocupa.
Onde obter a música
A música pode obterse en lugares moi diversos. Unha das máis habituais son os típicos discos que todos temos e que aínda se poden comprar en moitas tendas de discos. Estes discos teremos que pasalos ao formato MP3 con un programa axeitado que temos que ter instalado no ordenador. A música que ven nestes CDs non está en formato MP3.
Outro lugar para obter música é internet. Existen multitude de páxina onde poder mercala de xeito legal, por exemplo: pixbox.terra.es. Unha vez elexidas as cancións que queremos podemos descargalas para o noso ordenador e reproducilas ou pasalas a un dos aparellos que as reproduzan.

Tamén existen páxinas nas que se pode descargar música libre de xeito gratuito, como por exemplo: www. jamendo.com. É unha páxina na que certos grupos poñen a súa música para ser escoitada e descargada de balde.
Últimos comentarios