
A Rede de dinamización chegou a Sada en xaneiro do 2008, instalouse no seu comezo na aula de informática da Oficina da Xuventude ata pasar a aula na que estamos hoxe en día. Desde entón son xa 1.007 as persoas que se rexistraron para facer uso de xeito gratuito das súas instalacións e poder participar nas actividades que levamos a cabo. Desde o seu comezo o centro foi usado en 16.629 ocasións, 11.000 delas no pasado ano 2009. Levamos a cabo 172 obradoiros de diversas temáticas, desde obradoiros de iniciación á informática, internet e correo electrónico ata obradoiros de creación e mantemento de blogs, ofimática ou fotografía dixital entre outros moitos. En ditos obradoiros participaron ato o momento 1.293 persoas.

Durante este periodo leváronse a cabo tamén varias iniciativas entre as que destacan Letras Galegas 2.0 e Memoria dos oficios nas que participaron un total de 98 persoas. Impartíronse tamén 18 charlas de difusión de temáticas moi variadas nas que participaron 214 persoas. E por riba de todos os fríos números está o bo ambiente que temos na aula día a día, as amizades que alí están a medrar e que xa é un centro de encontro de unha parte da cidadanía de Sada. Moitas gracias a todos/as!
Please share your thoughts
Arquivado en: Sada enreda, rede de dinamización


Últimos comentarios