O vindeiro martes, 13 de outubro proxectaremos no Centro de dinamización de Sada as curtas Ionqui e Dame un plus realizadas polo usuario da aula de Sada Ángel Alonso coas que participa no concurso curtasnarede.es. A proxección das curtas será de 12:00 a 13:00 e está aberta á poboación xeral. Á proxección queremos convidar a toda a poboación de Sada para que veñan coñecer as curtas realizadas polo seu veciño Ángel. As curtas son un claro exemplo de utilización e promoción das novas tecnoloxías e a rede como promoción.

curtasnarede09

O concurso Curtas na rede está aberto á poboación xeral e nel participan diversas curtas, documentais, micromovies e cápsulas que se poden ver na páxina do concurso. O concurso está organizado pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e o Consello da Xuventude de Galicia e a elección das curtas gañadoras será o vindeiro martes, 27 de outubro ás 18:00 no Teatro Colón de A Coruña.

Á proxección no Centro de dinamización de Sada acudirá o propio Ángel Alonso que nos presentará as súas curtas. Ángel xa rodou outras curtas como Desenganchado, Xuntos conta a sida, Se me queres non me pegues ou Corazón dourado coas que que tamén participou en edicións anteriores do concurso e que podedes ver na súa páxina web. As curtas que nos vai presentar o vindeiro martes son:

ionqui

Ionqui está enmarcada dentro da categoría documental e narra a historia dun rapaz toxicómano na evolución da enfermidade e os problemas que lle causa na súa vida rota pola droga.

dame_un_plus

Dame un plus está enmarcada dentro da categoría cápsulas e narra as peripecias para conquerir un aumento de soldo a través da ironía social.

xuntos_sida

Xuntos contra SIDA está enmarcada dentro da categoría cápsulas e ofrécenos diversos datos sobor da sida con musica de Alvaro Muras.

Narra a historia dun rapaz toxicomano na evolucion da enfermidade e os problemas que lle causa na sua vida rota pola droga

2 Comentarios to "Proxección curtas de Ángel Alonso"

  • pepe said:

    Hola Victor me gusto muchu tu comentario puedes seguir escriviendo casas tan interesantes como estas.un saludo.

  • adolfo said:

    muy interesante la clse