Arquivo para agosto 2009

Para todo hay tiempo.

É agosto e este blog segue a recibir colaboracións. Desta volta unhas fermosas liñas de Stella Rivas cheas de cariño.
Moitas gracias, Stella, pola parte que nos toca.
Recordade que se vos gusta podedes deixarlle un comentario premendo ao fondo da entrada.

Quiero contar con mi sencilla colaboración con este correo lo que veo estos días de verano que por cosas de la vida ,muy a pesar mio estuve un tiempo sin pasar por el aula de informática de Sada; un sitio que le tengo especial cariño ya que ahí es donde aprendí muchas cosas que ahora las aplico para todo lo que me gusta y mucho, como escribir lo que siento y como si fuera poco eso, también comunicarme con mis hermanas y sobrinos que tengo en Argentina y ahora pienso cuanto tiempo perdí por no ponerme antes como lo hago ahora, en meterme en este mundo que a mí me parece facinante como es la informática. Bueno, sin liarme más como siempre, lo que quería contar es el ambiente que se vive aquí en el aula, será que yo me fijo mucho y me gusta comunicar lo que veo; pero se merece mencionarlo y reconocerlo el trato que nos da Lucía y cómo se esfuerza con la gente, que a pesar del calor y el ambiente tan bonito que hay en Sada el aula esta activa como siempre. Bueno, nada más que con saludos para todos los que me quieran leer. ¡Ah! y para Víctor, que esta de vacaciones; que las disfrute y que recargue las energías para el invierno.
(Me despido con una frase como me gusta)
“He descubierto que la gente se olvida de lo que dijisteis,
que la gente se olvida de lo que hicisteis,
pero jamás se olvida de cómo la hicisteis sentir“.
Stella Rivas Boquete

Stella tamén nos enviou unha foto da festa da espuma

Festa da espuma.

Festa da espuma.

Arquivado en personal, usuarios-as

por: Lu

2 Comentarios

Resumo charla: consellos básicos para a adquisición dun ordenador

O pasado venres, 31 de xullo, celebramos no Centro de Dinamización de Sada a charla da que falo no título, tentarei facer un pequeno resumo do tema tratado para todos/as.

A charla estivo adicada a coñecer un pouco máis os compoñentes dos ordenadores persoais e todas esas palabras técnicas que nos resultan tan descoñecidas á hora de comprar un ordenador. Tamén falamos dos aspectos que debemos ter en conta cando compramos un ordenador, dos programas que xa traen instalados e tamén dos que non traen instalados e nos poden interesar.

hardware

Un ordenador está composto por multitude de partes e segundo os compoñentes varía a súa velocidade de funcionamento e tamén poderemos facer unhas cousas ou outras. Na imaxe da parte superior amosanse todos os componentes que leva calquera ordenador, sexa portatil ou sobremesa. Aínda que a primeira vista parece un tema moi complexo no fondo pódese simplificar e ter só en conta algúns aspectos importantes, posto que moitos dos compoñentes son prácticamente iguais en todos os ordenadores.

Algunhas consideracións a ter en conta antes de meternos cos tecnicismos dos ordenadores:

  • Un ordenador portatil e un ordenador de sobremesa fan exactamente as mesmas funcións, é dicir, pódese facer o mesmo con calquera dos dous coa diferencia de que o portatil o poderemos transaladar dun xeito máis cómodo.
  • En xeral, hoxe en día calquera ordenador que compremos cumple sobradamente as necesidades que un usuario medio ten, é dicir, co ordenador máis barato que atopemos nunha tenda poderemos navegar por internet con velocidade, escribir documentos de texto e gardalos, ver películas, escoitar música, gravar CDs, ver as nosas fotos, gardar un montón de información e moitas cousas máis. Só é preciso comprar un ordenador moi potente se imos facer certas cousas como utilizar xogos de última xeración ou outras actividades para usuarios avanzados.

Como dixen, son moitos os compoñentes que forman un ordenador e sería moi complexo explicar cada un deles, ademáis de innecesario, polo que vou tentar explicar os compoñentes principais dun ordenador e os que destacan sempre nos anuncios ou nas tendas cando os imos a comprar, e destacan estes compoñentes porque realmente son os máis importantes:

  • Procesador: é quizáis a parte máis importante dun ordenador, e quizáis tamén a que condiciona o seu precio, é dicir, é unha das partes máis caras e máis importantes. O procesador é o que indica a velocidade coa que é capaz de facer as cousas, canto mellor sexa o procesador máis rápido fará as cousas. En xeral, só é importante ter un procesador super-moderno cando facemos tarefas avanzadas coa computadora. Os procesadores reciben nomes técnicos moi complexos para indicar o seu tipo, e é realmente complicado entender a súa terminoloxía. Un exemplo de teminoloxía de un procesador podería ser: Intel Core 2 Duo T8600 2.4Ghz. Para simplificar e entenderlo mellor diremos que a velocidade mídese en GigaHerzios (Ghz) e canto máis alto sexa ese número máis potente será o ordenador, pero hoxe en día inflúen outros moitos aspectos nos procesadores e utilizase outro número para especificar a súa potencia, así, canto maior sexa este número máis potencia terá o procesador.
  • Memoria RAM:  é a memoria que o ordenador utiliza mentras está encendido. Non confundila co disco duro que explicarei a continuación. A memoria mídese en Gb (gigas) e canta máis memoria teña o ordenador máis cousas poderá facer a un tempo. Hoxe é recomendable ter un ordenador con entre 2 e 4 Gb de memoria.
  • Disco duro: é onde o ordenador garda as cousas, esta memoria é útil para cando o ordenador está apagado xa que é onde se almacenan todos os nosos datos: música, documentos escritos, fotos, películas e en xeral calquera cousa que fagamos no ordenador. Tamén se mide en Gb (gigas) pero o disco duro é moito máis grande que a Memoria RAM polo que caben moitas máis cousas. Hoxe en día é recomendable que o noso ordenador teña como mínimo 160Gb aínda que xa é recomendable ter 320.
  • Pantalla: é unha parte importante do ordenador xa que é onde vamos ver todo o que facemos, á hora de comprar unha pantalla diremos que o único que importa é o seu tamaño, así, canto máis grande sexa a pantalla máis grandes se verán as cousas, só é cuesión de elexir.
  • Wifi: esto é característico dos ordenadores portátiles, os de sobremesa non soen traer. A wifi serve para conectarse a internet sen ter que utilizar cables. Hoxe en día, todos os ordenadores portátiles teñen wifi. Coa wifi poderémonos conectar a internet nos lugares onde estea habilitado este servicio. Hoxe en día hay wifi en moitos sitios: cafeterías, bibliotecas e incluso en algunhas prais ou plazas de cidades.
  • Gravadora de CDs/DVDs: serve para reproducir ou gravar CDs ou DVDs. Hoxe en día case todos os ordenadores traen este dispositivo, a non ser que sexa un ordenador moi pequeniño. Non hai nada que destacar máis ca saber se o ten ou non o ten. Se o ordenador ten gravadora poderás facer copias dos datos que teñas no ordenador a un CD ou DVD.
  • Lector de tarxetas de memoria: serve para ver no ordenador o contido das tarxetas de memoria das cámaras de fotos ou de calquera outro aparello que use este tipo de tarxetas. Hoxe en día prácticamente todos os ordenadores traen lector de tarxetas, pero hai que asegurarse de que o teñan se o precisamos. Tamén temos que asegurarnos de que o lector lea a nosa tarxeta de memoria, xa que hai moitos tipos distintos de tarxetas de memoria e pode que algúns modelos non os soporte.
  • Altavoces: serven para escoitar o que o ordenador reproduce. Os portátiles xa traen todos altavoces incorporados, os de sobremesa non, témolos que comprar por separado, aínda que xa hai ordenadores que os traen e outros tráenos incorporados na pantalla.
  • Micrófono: serve para gravar a nosa voz ou para facer unha videoconferencia e falar con outra persoa a través do ordenador. Os ordenadores portátiles xa o traen case todos e nos de sobremesa teremos que compralo se o queremos.
  • Webcam ou cámara web: serve para facer videoconferencias e que a outra persoa te vexa. Algúns portátiles xa o traen incorporado na parte superior da pantalla, só se hai que fixar se o teñen. Nos ordenadores de sobremesa haino que comprar por separado.

Ademáis dos compoñentes do ordenador, estes aparellos teñen uns enchufes para utilizar diferentes aparellos, a estes enchufes chámaselles portos e teñen nomes moi diversos segundo para que se utilicen. O máis importante e o que máis se usa é o porto USB, no cal se poden enchufar multitude de aparellos. Hoxe en día todos os ordenadores traen varios destos enchufes porque son moi utilizados. O porto USB pode servirnos para enchufar desde unha impresora, un rato, un lapiz de memoria (ou pendrive) ata uns altavoces.

Cando compramos o ordenador xa ven con algúns programas instalados para facer as cousas máis básicas. Así, xa traen instalado o programa máis importante de todos que é o sistema operativo e é o encargado de que o ordenador funcione. Hoxe en día case todos os ordenadores veñen co sistema operativo Windows Vista instalado, algúns traen Windows XP e algúns, moi poucos, traen Linux que é o que nós temos instalado no Centro de dinamización da SI de Sada. O sistema operativo xa trae os programas típicos que precisamos ao comezo como son un navegador web para ir a internet, un procesador de textos básico para escribir, programas para ver fotos, vídeos ou escoitar música e algúns outros. Pero se queremos algún programa que non trae podémolo instalar nós, só o temos que buscar e instalalo. Moitas veces deberémolo comprar porque hai moitos programas que costan cartos, pero hai outros programas que son software libre que se poden obter en internet de xeito gratuito e legal, coma por exemplo todos os programas que temos instalados na aula de Sada.

Espero que o resumo da charla che resultara útil e ameno. Se tes calquera dúbida ou suxerencia, deixa un comentario, envíame un correo electrónico e tentarei solucionarcho ou pásate pola aula.

Arquivado en artigos

por: sadaenreda

Non hai comentarios