
Na imaxe de arriba podedes ver a algúns dos participantes na iniciativa Memoria dos oficios. A foto foi feita por Raimundo. De pé, de esquerda a dereita: Lucía (dinamizadora), Inés, Mari Carmen, María, Remedios e Jesús. Agachados, de esquerda a dereita: Raimundo, Víctor (eu, dinamizador) e Magín.
A finalidade de Memoria dos Oficios, que bota a andar na localidade coruñesa de Sada a vindeira semana, é dobre. Por unha banda, esta iniciativa nace coa intención de propiciar un achegamento da poboación ás Novas Tecnoloxías e á Sociedade da Información para amosarlles a súa utilidade, reducindo deste xeito a fenda dixital. Memoria dos Oficios ten tamén a pretensión de producir unha recuperación da memoria dos oficios tradicionais de cada concello a través dos relatos persoais dos/das participantes, que se revelan como artífices e protagonistas de todo o proceso.
Os/as participantes elaborarán vídeos con fotografías e imaxes propias, ás que engadirán a súa narración, empregando a súa voz e o son e músicas que consideren oportunos. O dinamizador e a dinamizadora de Sada guiarán a través de todo o proceso (escritura da historia, selección de imaxes, escaneado e tratamento das mesmas, montaxe, narración coa voz, sonorización…), pero no cal os e as participantes realizan todas e cada unha das accións requeridas. Para que sexan capaces de operar cos elementos das Novas Tecnoloxías impartiránselles previamente unha serie de obradoiros que os/as fornezan coas destrezas necesarias para chegar ao resultado final. O paso último do proxecto é unha presentación no propio concello, para que os conveciños e conveciñas podan observar ese traballo levado a cabo.
Un comentario to "Participantes no Memoria dos Oficios"
Please share your thoughts
Arquivado en: actividades, memoria dos oficios


Una imagén entrañable, y un trabajo extraordinario el que haceis
Un beso para todos sin excepción