tarta_amendoa

Esta receita de tarta de améndoa é de Luisa Rozas, e como podedes ver na foto de arriba, se seguimos os pasos fielmente obteremos unha saborosa recompensa :)

Ingredientes:

  • 6 ovos
  • 250 gramos de améndoa moída
  • 250 gramos de azúcar
  • Raspa de limón
  • Hoxaldre (ou ben dito en galego masa follada).

Instruccións de preparación:

Bátense os ovos. Mézclanse os ovos batidos, a améndoa moída, o azúcar e a raspa de limón e bátese todo xunto coa batidora. Úntase un molde con manteiga e ponse o hoxaldre (ou masa follada en galego) no fondo e bótase a mezcla enriba.

Métese no forno durante 50 minutos aproximadamente a 180 grados. E para rematar bótaselle un pouco de azúcar glasé por enriba.