Continuamos con colaboracións para celebrar as Letras Galegas que nos vades enviando. Desta volta, Balbina Boutureira Fraga envíanos unha selección de cantigas populares galegas máis un fermoso poema de Manuel Pardo Domínguez. Desfrutade deles:

A mar anda que desanda
anda que desaparece;
quen ten amores non durme,
quen non os ten adormece.

Cantiga popular galega

Teño tres cartos e medio
metidos nun tabaqueiro;
casa conmigo neniña
que teño moito diñeiro.

Cantiga popular galega

Algún día por te ver,
abrin portas e ventanas;
agora por non te ver,
todal-as teño pechadas.

Cantiga popular galega


Teño un amor na montaña,
teño un amor montañés;
teño un amor na montaña,
na Mariña teño tres.

Cantiga popular galega

E para rematar, un fantástico poema de desamor:

As follas dos carballos van caendo,
arrastradas na lama, sin verdor,
y-as froles, pouco a pouco,van morrendo,
encravadas na terra, sin color.

Solo se escoita a voz do rouco vento,
no cume do penedo, asuviar,
e quizaves o son do meu lamento,
a compás da tormenta, salayar.

Eu vou chorando, sí, sempre chorando
por unhos oyos que n-un tempo vin;
por unha ingrata que me està matando,
choro noites e dìas,¡ay de min!

Non se m’esquence, non; e mai garrida
que o Sol do Ceo pol-o mes de Abril;
que non hay de brancura revistida
outra que a iguale entre mulleres mil.

¡Vivir sin ella! A miña negra sorte,
condenoume a sufrir en tal door,
y-o meu consolo atoparei na morte,
se non atopo amor no meu amor.

Manuel Pardo Domínguez

One Comment to "Cantigas populares galegas e un poema de desamor"

  • STELLAMARIS said:

    Hola Balbina muy bonito ese canto al desamor la vida misma .la realidad pura te mando un saludo . ha me gustaron todas las entradas la gente se volco con compañerismo
    que es importante y muy animados daba gusto ver las clases