googleO pasado venres, 24 de abril, celebramos no Centro de Dinamización de Sada a charla da que falo no título, tentarei facer un pequeno resumo do tema tratado para todos/as.

Esta última charla estivo adicada a Google [máis información na wikipedia]. Como sabedes, Google é unha empresa norteamericana coñecida principalmente polo seu buscador, que nos axuda a atopar en internet todo o que queremos, pero Google é moito máis que un buscador, ten moitas máis ferramentas que nos poden resultar de interese, e imos falar de algunha delas.

Antes de nada, para poder acceder a calquera das ferramentas de Google é importante que teñamos unha conta en Google, do contrario non teremos acceso a todos os servicios, facela é moi sinxelo, e gratuito, todos os servicios de Google son gratuitos. Para facer a nosa propia conta de Google coa que teremos acceso a todo o que nos ofrece só temos que ir á súa páxina de inicio (www.google.es) e arriba á dereita premer en Acceder. Nesta páxina, no lado da dereita temos dúas opcións, se xa temos conta poñemos o noso enderezo de correo electrónico e o noso contrasinal e listo, entramos. E xusto debaixo atoparemos a opción para darnos de alta -que é a que nos interesa agora-, que pon «Crear cuenta», prememos aí e seguimos os pasos que nos indica, que só será introducir o noso correo electrónico que xa temos e un contrasinal, que pode ser o mesmo que o que xa temos do noso correo electrónico ou outro distinto. Máis abaixo introducimos o código que aparece «mal escrito» que nos indica e prememos en «Acepto», ao fondo de todo. Para rematar só teremos que ir ao noso correo electrónico e seguir as instruccións que nos acaba de enviar o propio Google. Xa está, xa temos a nosa conta creada, xa só nos queda empezar a usala.

Como vos dixen, Google ten moitos servicios gratuitos, dos que fago un listado dos máis importantes ao fondo desta entrada, e agora imos falar de algún deles. Para poder usalos, primeiro imos á páxina principal de Google (www.google.es) e prememos arriba á dereita en «Acceder», e identificámonos co noso enderezo de correo electrónico e contrasinal, prememos «Acceder» e xa estamos identificados, volverá para a páxina de antes, pero se vos fixades, arriba á dereita pon o noso enderezo de correo electrónico, o que indica que xa podemos empezar a usar todos os servicios de Google.

Os accesos a cada unha das ferramentas que nos ofrece Google podémolos atopar arriba á esquerda estando en calquera páxina de Google, prememos no que queiramos e amósanolo. Se o que queremos é ver un listado de todas as ferramentas de Google, arriba á esquerda buscamos a palabra «Más«, pinchamos nela e desplégase un novo listado que ao fondo podemos atopar «todavía más», ao premer nel teremos un completo listado de todas as ferramentas de Google. E agora imos falar de algunha ferramenta de Google máis polo miudo:

iGoogle: permítenos configurar a páxina de inicio de Google con multitude de pequenas ferramentas ao noso gusto. Facer isto é moi sinxelo, para acceder a iGoogle só temos que pinchar nesta palabra que atopamos na páxina principal de Google (www.google.es) arriba á dereita e veredes que automáticamente xa aparece un novo Google con máis opcións. Para configuralo só temos que ir seguindo as instruccións que nos da. E en calquera momento podemos quitar ou engadir novas mini-ferramentas premendo nas palabras «Añadir más» que están arriba á dereita ou para quitar cousas premendo na X que teñen todos os recuadros arriba á dereita. Tamén podemos recolocar cada un destes recuadros ao noso gusto arrastrándoos premendo na barra do título e levando para onde queiramos. Podemos repetir estes pasos tantas veces como queiramos ou nos sexa necesario ata deixar a páxina ao noso gusto. Se en algún momento queremos volver á páxina inicial de Google normal só temos que premer en «Inicio clásico» que atopamos arriba de todo á dereita. A configuración da páxina quedará gardada e teremos acceso a ela en calquera ordenador con conexión a internet e no que nos identifiquemos co noso enderezo de correo electrónico do xeito que indico arriba. Como exemplo déixovos a miña páxina persoal de iGoogle:

igoogle

Google Docs: permítenos escribir documentos de texo, follas de cálculo ou presentacións de diapositivas e gardalas en internet tendo así acceso a elas desde calquera ordenador. Usalo é moi sinxelo, funciona igual que calquera procesador de textos coa única diferencia que os textos quedan gardados no propio Google e teremos acceso a eles desde calquera ordenador. Para usalo só o temos que abrir indo á páxina principal de Google (www.google.es) coma sempre e buscando a palabra Docs arriba á esquerda. Unha vez aberto, usalo é moi sinxelo, nada máis abrilo xa nos sae un listado dos documentos que temos escritos como se pode ver na imaxe de aquí abaixo, se queremos ver algún prememos nel e listo.

google_docs

Se o que queremos é escribir un documento novo só temos que premer en «Nuevo» -> «Documento» arriba á esquerda e xa nos aparecerá unha folla na que podemos escribir. Cando rematemos, para gardalo e cerrar arriba á dereita atoparemos dita opción nun botón que pon «Guardar y cerrar», ao premer aquí este pecharase e quedará gardado no propio Google. Aquí abaixo déixovos unha imaxe do procesador en funcionamento:

google_docs02

Fotos en liña (PicasaWeb): permítenos gardar as nosas fotografías en internet e ter acceso a elas desde calquera ordenador, podemolas ter con acceso libre para calquera ou privadas para só quen nos queiramos. Para subir as fotos (é dicir, poñelas no noso álbum web en internet) podémolo facer desde a propia páxina web ou desde o programa Picasa que é moito máis sinxelo. Esto só volo poño a modo de exemplo para que coñezades esta ferramenta, pero é un pouco complexo para explicalo en poucas palabras, polo que o deixo para unha entrada única falando desta ferramenta. Aquí abaixo deixovos unha imaxe do álbum web do Centro de dinamización de Sada que podedes ver premendo aquí: [PicasaWeb do Centro de dinamización de Sada].

picasaweb

E deixamos o resto de ferramentas para outras entradas máis adiante.

Aínda que desde esta páxina [www.google.es/intl/es/options/] se pode acceder a todas as ferramentas que Google nos ofrece, deixo aquí abaixo un listado das máis importantes ao meu parecer:

  • iGoogle: Páxina de inicio totalmente personalizable con unha morea de opcións de interese.
  • Correo electrónico Gmail: Un fantástico xestor de correo electrónico.
  • Google Docs: Unha suite ofimática funcional e sempre dispoñible co único requisito de ter unha conexión á rede.
  • Google Maps: Busca de lugares, rutas por carretera e moito máis.
  • Google Earth: Programa que precisa ser instalado co que podemos explorar calquera parte do mundo.
  • Fotos en liña (PicasaWeb): Álbum web ao que podemos subir as nosas fotos e compartilas con quen queiramos.
  • Picasa: Programa que precisa ser instalado co que podemos xestionar todas as fotos que teñamos no noso ordenador.
  • Calendario: Un completo calendario/axenda en liña no que podemos anotar as nosas citas ou eventos.
  • Buscador de noticias: Un completo buscador de noticias por temática, data e outros criterios.
  • Vídeos: YouTube ou http://video.google.es/ Un buscador de vídeos. Tamén podemos subir os nosos propios vídeos.
  • Tradutor: Un completo tradutor a multitude de idiomas.

Coma sempre, espero que vos resulte de utilidade e interese. Se tedes calquera dúbida deixade un comentario ou pasádevos pola aula a preguntar. Tamén me gustaría saber cal destas ferramentas é a que vos resulta de maior interese para facer futuros obradoiros só sobre estas ferramentas, espero os vosos comentarios respondendo. Moitas gracias a todos/as.

2 Comentarios to "Resumo charla «Coñece todas as ferramentas que nos ofrece Google»"

  • STELLA MARIS said:

    No puedo pasar sin escribir un comentario lo primero sobre la charla que dio Victor el viernes sobre google , me parecio que estubo fantastica al menos para mi ya aprendi un monton de cosas ,que estan detras de ese nombre que parece que no tiene nada y todo lo que aprendimos que tiene de tras , ( gracias por ex`licarlo tam bien )
    pienso que de los que asistimos muchos estan de acuerdo con lo que digo
    un saludo , al que me lea…….

  • Margot said:

    Victor, gracias por mandar el comentario sobre Google, sentir no ir pero me fue imposible, cuando lo vuelvas a dar procuraré ir, de todas formas en el email está muy bien explicado; de nuevo te doy las gracias. Un saludo