A nosa compi Malena Suárez envíanos a súa experiencia nunha recente viaxe que fixo a Londres. Deixovos co seu texto. Xa sabedes que podedes deixar un comentario máis abaixo.

Recentemente fomos de viaxe a Londres. A viaxe de ida foi sen novidade, a pesar de ter billetes electrónicos fomos ao mostrador, presentamos a documentación e expediron os nosos billetes sin ter que pasar pola máquina. Pero a volta xa foi outro cantar. Tiñamos o regreso ás 8 da mañá dende o aeroporto de Stanton. Alí, ninguén falaba español, e nós falabamos pouco inglés. Dirixímonos ás maquinas para sacar os billetes pero a maquiniña non nos leía os DNI, dirixímonos ao mostrador e esperamos a cola. Cando foi o noso turno, explicámoslle á persoa do mostrador o que pasaba coa maquiniña, esa persoa díxonos que como non facturabamos equipaxe, os billetes só os podiamos sacar na máquina.

Regresamos á maquina (HABÍA 3 MÁQUINAS, probamos en todas) pero seguiamos na mesma, non tiña ganas de ler os DNI, regresamos ao mostrador, despois de esperar a cola, contámoslle outra vez o mismo rollo ao do mostrador e respostounos o mesmo de antes. Repetimos esta operación 3 veces máis. Ao final perdemos o voo, xa que o persoal de mostrador non tiña ganas de resolvernos o problema, non eran eles os que estaban no estranxeiro sin case entender o inglés. Por certo a compañía era RyanAir. O único que puidemos facer foi poñer unha reclamación cando voltamos á casa, xa que como non falabamos o seu idioma aínda que os puxéramos a caer dun burro non nos entendían. Se viaxades con RyanAir acudide ao aeroporto con moita antelación, xa que si a maquiniña está na hora tonta hai que esperar a que lle pase a tontería, sobretodo as máquinas desa compañía xa que o personal de mostrador (no estranxeiro) dálle o mesmo que voes ou quedes en terra.

Esto pasounos a 7 persoas, polo demáis Londres é ¡GUAU!

Malena Suárez